19:30
Relatorio arredor do libro 'A Illa de Tambo na súa historia', de Claudio Quintillán e Lino J. Pazos

Relatorio arredor do libro "A Illa de Tambo na súa historia", de Claudio Quintillán e Lino J. Pazos

Relatorio arredor do libro:

“A Illa de Tambo na súa historia”

Autores: Claudio Quintillán (presidente de Irmandade Illa de Tambo, director do Instituto Galego das Terras Comunitarias) e Lino J. Pazos (escritor, estudoso de temas mariños)

Interveñen: Claudio Quintillán e Lino J. Pazos

Día: mércores, 8 de novembro de 2023

Hora: 19:30

Lugar: sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Casa das Campás; rúa de Don Filiberto, 9-11)

O Ateneo de Pontevedra organiza, en colaboración con Irmandade Illa de Tambo, o relatorio arredor do libro A Illa de Tambo na súa historia, de Claudio Quintillán e Lino J. Pazos, publicado, en edición non venal, polo Concello de Poio.

O acto, no que intervirán os autores da obra, terá lugar o vindeiro mércores, 8 de novembro, ás 19:30 horas, na sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Da obra

Baseado nun traballo publicado en 1996, A Illa de Tambo na súa historia recolle en dez capítulos todas e cada unha das vicisitudes polas que pasou a Illa; recente descubrimento dun castro, presenza romana, mosteiro, ermidas no cume do San Fagundo e na chaira, asalto de Francis Drake, posible desembarco de Benito Soto, fonte de San Miguel, cruces medievais gravadas nas rochas, lazareto, intento de construción dun cárcere, preitos dos propietarios, Montero Ríos, e presenza da Armada, ata que en marzo de 2022 o Ministerio de Defensa a cede ao Concello de Poio.

Dos autores

Claudio Quintillán. Técnico superior en Xestión de Montes; autor de numerosos artigos en prensa e colaboracións en radio sobre o monte galego, entre outros temas; coordinador da Guía didáctica As terras Comunitarias; autor de Cadernos de economía social: incendios forestais; participante en varios Foros e Congresos galego-portugueses sobre Terras Comunitarias; director do Instituto Galego das Terras Comunitarias; presidente da Irmandade Illa de Tambo.

Lino J. Pazos. Escritor e investigador, ten publicados numerosos libros sobre temas relacionados, dunha o outra maneira, co mar e as súas xentes, como Naufragios en las Rías Baixas, Guerra submarina en Finisterre, Balleneros, La Isla de Cortegada en su historia, Guía de Sirenas de Galicia, La Armada en Marín, Golpe de mano en Finisterre, Novas singladuras do Joaquín Vieta ou Corsarios: de Galicia al País Vasco. É colaborador en varias revistas de ámbito comunitario, como Nova Ardentía, Aunios, Ferrol Análisis, Os Galos. Afeccionado á fotografía, participou en distintas exposicións, tanto colectivas como individuais; Aqueles barcos de madeira, Castelao entre nos...

COLABORA: Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android