19:30
Conferencia: 'Os populismos a exame', por Domingos Antom Garcia Fernandes

Conferencia: "Os populismos a exame", por Domingos Antom Garcia Fernandes

Seminario Permanente de Filosofía

Conferencia:

“Os populismos a exame”


Relator: Domingos Antom Garcia Fernandes (doutor en Filosofía)

Día: martes, 21 de maio de 2024

Hora: 19:30

Lugar: sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Casa das Campás; rúa de Don Filiberto, 9-11)




O Ateneo de Pontevedra organiza, dentro do Seminario Permante de Filosofía, a conferencia Os populismos a exame, impartida polo doutor en Filosofía Domingos Antom Garcia Fernandes. O acto terá lugar o vindeiro martes, 21 de maio, ás 19:30 horas, na sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

A entrada é libre ata completar capacidade.



Sinopse

Domingos Antom Garcia resume nos seguintes puntos o contido da conferencia:

“• Populismo é umha palabra difícil de delimitar e, mesmo com demasiada frequência, muda-se em desqualificaçom política ateigada de desconhecimento dum fenómeno complexo, poliédrico e de carácter global.

• Seria clarificador fazer umha cisom entre populismos regeneradores e democratizadores (que compreenderiam o “povo” excluído) fronte aos enfraquecedores da democracia (excludentes, xenófobos e racistas)?

• Poderiam-se salientar, a modo de traços aproximativos à contorna dos populismos, a defesa dum <<povo virtuoso>> cumha vontade geral; a crítica da democracia representativa; a divisom do espaço político em os de em riba e os de em baixo; a existência dum líder carismático; programas nacionalistas, soberanistas e anti-globalizadores; marcar o <<inimigo do povo>> num discurso emotivo, maniqueu e moralizador?

• Viria a propósito examinar um <<patriotismo indignado>> com múltiplas variaçons e que se referira, entre outros assuntos, aos identitarismos, aos ultranacionalismos, às tendências referendistas, à repulsa dos inmigrantes ou ao eurocepticismo?

• Como conetar os protopopulismos do século XIX com o fascismo e os populismos atuais?

• Existe um <<populismo de esquerdas>>?”



Sobre o relator

Domingos Antom Garcia Fernandes naceu en Hermunde-Pol, na Terra Chá, a 21 de xaneiro de 1948. Frecuentou dez anos de estudos eclesiásticos no Seminario Diocesano de Lugo. Mestre de Primeiro Ensino pola Escola Normal de Lugo, licenciado e doutor en Filosofía pola USC. Foi profesor de EGB e catedrático de Filosofía no Ensino Secundario. Membro fundador da Aula Castelao de Filosofía, da cal foi portavoz e coordinador e na actualidade membro honorario. Foi profesor de Antropoloxía Xeral, Historia da Antropoloxía e Antropoloxía Económica na UNED de Pontevedra. Foi profesor convidado na Universidade de Vigo, en 2011, na docencia da materia de Ética e deontoloxía da comunicación audiovisual. Foi profesor convidado na Universidade de Vigo, en 2018, na disciplina de Socioloxía: Sociedade, Cultura e Pensamento. Foi Presidente de Amig@s da Cultura de Pontevedra.

Foi profesor de Filosofía e de Ética no Graduado Universitario Senior da Universidade de Vigo.

Imparte un curso de Filosofía, de carácter anual, na Biblioteca Pública de Pontevedra.

É coautor dos libros Antom Losada. Teoría e Praxis (1984), Reflexons sobre a vida moral (1995), A Ética na que vives (1995). Coordinador de Para umha Galiza Independente. Ensaios, Testemunhos, Cronología e Documentaçom Histórica do Independentismo Galego (2000). Coparticipante en diversas colectáneas.

Participou como relator ou comunicador en numerosos congresos, seminarios e xornadas con temas como a filosofía marxista, os novos movementos sociais alternativos, o estatuto e as funcións da Filosofía, a problemática nacional en relación coa cuestión ecolóxica, etc.

Colaborou en distintos xornais e revistas e prologou diversos libros.

Foi colaborador asiduo da publicación trimestral Abrente e de Abrente Editora, alén de columnista de Primeira Linha en Rede, de Diário Liberdade e de https://kaosenlared.net/




COLABORA: Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android