Xa está aquí unha nova Edición do Circuito de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e xa van 8 anos. Serán un total de 47 actuacións que se farán ata o 31 de decembro por Sarria, Quiroga, A Fonsagrada, Ribadeo, As Nogais, Lugo, O Saviñao, Guitiriz, O Vicedo, A Pastoriza, Burela, Sarria, Alfoz, Cospeito, Castroverde, Cospeito, Pol, O Páramo, Monterroso, O Valadouro, Becerreá, Foz, Guitiriz, Xove, Rábade, Monforte, Viveiro, O Corgo, Ribeira de Piquín, Friol, Sober, Begonte, Lourenzá, Muras, A Pobra do Brollón, Vilalba, Triacastela e Monterroso. Nesta edición está composto por 4 Ciclos: - Ciclo Cultural Monicreques - Ciclo Miúdos Seráns - Ciclo Serán Teatrais - Ciclo Experimenteatro Participan un total de 11 Compañías de Teatro Profesional da Provincia de Lugo: - Trécola Producións (Pol) - Mircromina Teatro de Títeres (Mondoñedo) - Ubú Teatro (Lugo) - Lîlâ Teatro (Lugo) - Producións Señor López (Lugo) - Xamón Produción (Lugo) - Ítaca Teatro (Lugo) - Pínconús (Lugo) - Bátega (Lugo) - Teatro Baixo da Area (Lugo) - A Compañía Solitaria do Dr. Monifate (Cospeito) +INFO: http://www.deputacionlugo.gal/gl VER DOSSIER: https://www.viralagenda.com/images/events/e1dbd492feeb66dd29be34e1de18a495.pdf
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar