Duncan de Palleiro (Lîlâ Teatro) 25 DE OUTUBRO | 17:30h | ESPAZO CULTURAL LORENZO VARELA (MONTERROSO) Público infantil - familiar a partir de 3 anos. SINOPSE Así é como transcorre un día na vida dun can, pero non dun can calquera. Trátase dun can moi especial que pertence a unha raza mítica, lendaria e con moito prestixio: a de Palleiro. Este can é Duncan de Palleiro, o príncipe das corredoiras. Duncan leva unha vida sinxela á beira do seu amo Aurelio e dos seus amigos, veciñas e rébanos de sempre, nunha pequena aldea no medio das montañas, chamada Oubidos, da que se sente moi fachendoso. Duncan ama profundamente aos nenos e ás nenas, e alí onde vai leva consigo unha gran sorpresa que non deixa a ninguén indiferente. Amizade, amor e liberdade son as palabra que máis lle gustan a Duncan de Palleiro. Autoría: obra propia da Compañía. Dirección: Lîlâ Teatro Actrices: Lines González e Lara Regueira. Duración: 60 min. +INFO: https://www.lilateatro.com/
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar