20:00
Arantxa Treus

Arantxa Treus

Arantxa Treus é unha actriz galega e natural de Vigo. Teatro, cinema e televisión son as diferentes disciplinas que intercala sen ningún problema coa súa faceta de humorista. No seu monólogo Sexo Débil O Carallo contaranos sen andrómenas algunhas das súas vivencias e anécdotas, da súa propia vida e a dos demais. Un divertido monólogo no que mostrará a súa faceta máis cómica.

Ao longo da súa longa carreira profesional participou en numerosos traballos de humor e comedia por exemplo: Non é país para conas, Monstruación, unha comedia monstruosa. En canto reporteira participou en programas do tipo Quérote tanto da Tvg. co-presenta o programa Sábeo todo Vigo de Localia Tv. Ademais participou como actriz en series como Gondar, Serramoura ou a última serie de Fariña..
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android