20:00
Contos na lareira

Contos na lareira

"Contos na lareira"

Galicia é terra de tradicións...Tradicións como a matanza do porco, o magosto, a queimada...

Moitas destas tradicións teñen como nexo común a tradición oral.

Dende os tempos máis remotos os pobos utilizaban a palabra para transmitir a súa historia, as súas tradicións, os seus mitos, contos e lendas.

Galicia, como terra posuidora dunha idiosincrasia diferenciada, ten a tradición oral como un dos alicerces que compoñen o edifício da súa historia.

É esta tradición a que permite que, de pais a fillos ou de avós a netos, a nosa historia, mitos e lendas permanezan vivas.

E é por iso que no ano 2014, Rababiero promocions crea "Contos na lareira".

Estréase nunha dobre función chea no teatro Rosalía da Coruña e percorre dende entón os principais teatros e auditorios cun notable éxito de público e crítica.

Manuel Lourenzo, Quico cadaval, Cándido Pazó, Paula Carballeira, Maria da Pontragha, Carlos Blanco e Celso Fernández Sanmartín formaron parte xa deste precioso proxecto.

"Contos na lareira" quere poñer diante do "gran público" a posibilidade de ter a experiencia de escoitar, de sentir en directo as sensacións únicas que despréndense dese máxico momento no que apáganse as luces e só o lume ilumina as historias.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android