18:00
A Galiña Azul

A Galiña Azul

A Galiña Azul é un espectáculo que fala da diversidade e da solidariedade, destinado ao público infantil e familiar, no que Tanxarina emprega diversas técnicas de manipulación de bonecos e traballo actoral.

A compañía Tanxarina Monicreques foi fundada no ano 1.983 por varios ex alumnos de Harry Tozer, profesor de construción e manipulación de marionetas de fío do Institut do Teatre de Barcelona. Desde entón converteuse nunha das formacións máis recoñecidas e prestixiosas do teatro de monicreques galego tanto dentro como fóra de Galicia.

Dedícase prioritariamente á produción e distribución de espectáculos dirixidos a público: infantil, xuvenil e familiar. A compañía está especializada en combinar diversas técnicas de animación de bonecos co traballo actoral dos propios manipuladores.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android