20:00
Noites de retranca

Noites de retranca

Noites de retranca en feminino!!!! O noso humor da man das nosas artistas!!!!

Noites de retranca estréase o 10 de xaneiro de 2010 no auditorio municipal de Ourense cun cartel composto por Javier Veiga, Sergio Pazos e Manquiña.

Hoxe en dia é habitual poder ver estes nomes nas carteleiras dos principais teatros e auditorios do País así como o de Carlos Blanco, Quico Cadaval, Luis Zahera etc encabezando espectáculos de éxito, pero no ano 2010, Noites de retranca foi unha auténtica revolución.

Poder ver un espectáculo de humor en galego, protagonizado por artista galegos e a un prezo ao que só se ía ver espectáculos que chegaban dende Madrid, era algo nunca visto antes.

Rababiero promocions apostou todo o seu capital e ilusións en poder poñer onde se merecían, é dicir, diante do" gran público" este formato. Apostou por levar aos artistas galegos ás táboas dos grandes escenarios e sacálos do ostracismo do "roteiro de bares" á que estaban "predestinados".

O 10 de xaneiro de 2010 estréase Noites de retranca e , contra todo prognóstico ( pesimísmo tan típico), énchese "ata a bandeira" de público, crítica e risas, sobre todo moitas risas.

o 11 de xaneiro é o tetaro ERosalía da Coruña o que segue o mesmo camiño cun cheo total.

Do mesmo xeito, os dias 16 e 17 de xaneiro de 2010 os teatros de Pontevedra e Vigo cultivan senllos cheos.

Cambiaron moitas cousas nestes 14 anos....

noites de retranca é unha plataforma que preséntanos a Sergio Pazos, Luis Zahera, Federico Pérez, Gonzo ou a Camila Bossa coma monologuistas, que dá oportunidades de compartir escenario con artistas "grandes" a outros que están a empezar a súas carreiras, serve como exemplo para a creación de ciclos como o "Falabaratos" en Santiago, dá forzas e confianza a creacións como " O florido Pensil", leva o humor do País a teatros como La lAtina en Madrid, Campos Elíseos en Bilbao, teatro Liceo en Salamanca e un longo etc..

Noites de retranca é o primeiro espectáculo galego que consegue manterse 10 anos programándose de xeito ininterrompidas nas carteleiras dos principais teatros e auditorio do País.

A marca de humor do País é se lugar a dúbidas....
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android