19:00
Morte digna, instrucións previas e eutanasia

Morte digna, instrucións previas e eutanasia

Cedemos o salón de actos da biblioteca á Asociación de Pacientes e Usuarios do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela para esta charla.

Os e as pacientes e usuarios/as da sanidade pública somos suxeitos de dereito con determinadas capacidades en relación directa coa atención sanitaria e coa acción médica, que nos atribúe o ordenamento xurídico. O dereito á autodeterminación persoal e a capacidade de decidir sobre o propio corpo ao longo da vida, están na cúspide dos dereitos legalmente recoñecidos. Non existiría a profesión médica sen o consentimento do/da paciente a actuar sobre el/ela.

Dende esa perspectiva as instrucións previas constitúen a expresión material e formal para poder facer valer ante terceiros a autonomía persoal no momento en que, por razóns derivadas do noso estado de prostración por causa da doenza, somos máis vulnerables para garantir o respecto doutros á vontade propia. As instrucións previas son o marco para garantir que a vida se vive ata o final respectando a dignidade da persoa e que a morte como parte do proceso da vida, aínda sendo un trance doloroso, non deixe feridas emocionais indelebles.

O dereito á eutanasia, como un paso máis nesta liña de progresión da defensa da autonomía persoal, exércese baixo o equilibrio de dous bloques de dereitos fundamentais: por un lado o dereito á vida e á integridade física e moral e, por outro, dereito á dignidade, á liberdade e á autonomía da vontade.

De todo isto e da relación entre o dereito recoñecido e o dereito exercido falaremos no Foro do Paciente e do Usuario con Miguel Anxo García Álvarez, psicólogo clínico do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Foi presidente do Colexio de Psicólogos de Galicia. Durante nove anos presidiu o Comité de Ética Asistencial da área sanitaria de Compostela-Barbanza e actualmente é presidente da Asociación Dereito a Morrer Dignamente.

Para público adulto. No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Fuente: https://rbgalicia.xunta.gal/gl/actualidade/axenda/morte-digna-instrucions-previas-e-eutanasia
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android