18:30
Teatro Impro das emocións

Teatro Impro das emocións

Celebramos o Día do Teatro cun obradoiro infantil a cargo de Anias

A Impro ou teatro de improvisación é unha forma de facer teatro na que as actrices e os actores crean unha historia no momento, sen un guión preestablecido.

Para facilitar o proceso creativo as pequenas e pequenos participantes deste obradoiro partirán da creación dun monicreque sinxelo co que experimentarán e realizarán exercicios de improvisación grupal para establecer un ambiente de confianza e colaboración que lles permita crear unha historia conxunta baseada nas emocións humanas.

Esta actividade ten como obxectivos estimular a imaxinación e a expresión creativa; fomentar a colaboración e o traballo en equipo e experimentar desenvolvendo diferentes técnicas da improvisación teatral.

No salón de actos. Para 15 nenas e nenos de 6 a 12 anos. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android