MASA CRÍTICA LUCENSE A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en moitísimas cidades de todo o mundo, entre elas Lugo, baixo o lema "Pedalea tódolos días, celébrao unha vez ao mes". A Masa Crítica é un movemento descentralizado, actuando a proposta d@s participantes. Reunímonos toódolos últimos xoves do mes, ás 20:15 na Praza Maior (diante do Concello). Entre os obxectivos da nosa Masa sobre rodas podemos destacar: - Divulgar e promover o uso da bicicleta como medio de transporte eficaz (barato, san, non contaminante e rápido). - Crear condicións favorables necesarias para o uso da bici como medio de transporte. -Promocionar e apoiar paralelamente outros medios de transporte alternativos ao coche privado, asi como promover a súa compatibilidade e complemetariedade coa bicicleta (ex. transporte público). +INFO https://www.facebook.com/groups/masacriticalugo/
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar