A nova programación de actividades para este último trimestre do ano inclúe varias novidades entre as que figuran os clubs de debuxo e de oratoria, ademais das xornadas de deporte antigo, que estarán abertas ao público e que se desenvolverán do 13 ao 22 de outubro. O edil de Xuventude, Jorge Bustos, explicou que “xunto ás novidades, neste último trimestre do ano mantense propostas moi demandadas como ioga, zumba e cociña, ata completar unhas dez actividades diferentes, todas gratuítas para que sexan accesibles a toda a rapazada”. Ademais, o responsable de Xuveentude e Deporte chama a atención sobre “a importancia destas actividades á hora de promover un ocio saudable entre a nosa xuventude e tamén o papel que xogan estas propostas para favorecer a conciliación familiar, fomentar a integración e eliminar o illamento, que tamén pode afecta á xente nova”. Para conformar o programa deste último trimestre se tiveron en conta as propostas da xuventude e as novas tendencias, así como outras actividades que todos os anos contan con moita demanda, principalmente as que ten que ver coa actividade física. Por iso ata finais de ano, a axenda de actividades xuvenís oferta ioga, zumba, cociña – con xornadas dedicadas a elaborar tanto pratos internacionais como receitas propias de Nadal-, esgrima, revisión e mantemento de bicicletas e vehículos de mobilidade urbana e un obradoiro de moda circular, para darlle unha segunda vida as prendas que xa non se utilizan. Ademais, a programación inclúe un club de debuxo, que se pretende teña continuidade, con saídas á catedral, á muralla e ao Museo Provincial; e un club de oratoria. Segundo explica o concelleiro de Xuventude e Deporte, Jorge Bustos, “o ano pasado celebramos a I Liga de Oratoria que tivo un gran éxito, polo que decidimos poñer en marcha o club para afondar en diferentes sesións cuestións claves na oratoria como a actitude da persoa que fala en público, os erros máis frecuentes nas exposicións orais ou como controlar o medo escénico”. A terceira novidade da programación para estes tres meses son as Xornadas do Deporte Antigo, que se desenvolverán do 13 ao 23 de novembro e que contan con varias actividades, moitas delas, abertas ao público en xeral. Así, haberá relatorios sobre os gladiatura, adestramentos conxuntos con intercambio de loitas, xogos panhelénicos, acondicionamento físico na antigüidade e xornada de portas abertas para probar as distintas disciplinas deportivas, entre outras. Os formularios para realizar as inscricións xa está abertos na web www.xuventudedelugo.gal, xa que as primeiras actividades comezarán a vindeira semana. Todas as propostas de ocio están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 35 anos e desenvolveranse na Casa da Xuventude, a excepción das que realizan saídas, como pode ser o caso do club de debuxo. Outra das actividades incluída na axenda xuvenil deste trimestre é o Samaín, que contará cun programa propio de obradoiros, xogos, concursos e outras propostas, que comezarán uns días antes da celebración do Samaín e que se dará a coñecer en breve. ZUMBA LUNS de 20:15 a 21:15 h. do 21 de outubro ao 16 de decembro IOGA MÉRCORES de 20:15 a 21:15 h. do 23 de outubro ao 18 de decembro COCIÑA MÉRCORES de 17:00 a 19:00 h. • Culleres internacionais: do 23 de outubro ao 4 de decembro • Pratos fáciles de Nadal: 11 e 18 de decembro MODA CIRCULAR VENRES de 17:00 a 19:00 h. do 25 de outubro ao 13 de decembro REVISIÓN E MANTEMENTO DE BICICLETAS E VEHÍCULOS DE MOBILIDADE URBANA SÁBADOS de 16.00 a 21.00 h. do 26 de outubro e 16, 23 e 30 de novembro CLUB DE DEBUXO De 11.00 a 13.30 h. con saída dende o miliario da rúa Armanyá • 26 de outubro A catedral de Lugo • 16 de novembro A muralla romana • 14 de decembro O Museo Provincial ESGRIMA MARTES de 20.00 a 21.00 h. do 22 de outubro ao 10 de decembro XORNADAS DE DEPORTE ANTIGO Do 13 ao 23 de novembro. Programación con relatorios temáticos, exbibicións de adestramento, xornadas para probar deportes antigos e máis LUGO COMUNICA. CLUB ORATORIA: Fala para que o mundo te siga MÉRCORES de 19:00 a 21.30 h. do 23 de outubro ao 27 de novembro • 23 de outubro Preséntome. Son... • 30 de outubro Sen escoita non hai comunicación • 6 de novembro A actitude da persoa que fala en público con éxito • 13 de novembro O teu sorriso, o mellor aliado para controlar o medo escénico • 20 de novembro O triángulo da vitoria: palabra, mirada, mans • 27 de novembro Erros frecuentes nas exposicións orais, coñéceos para evitalos
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar