00:00 hasta las 00:00
ACTIVIDADES PARA A XUVENTUDE DE LUGO

ACTIVIDADES PARA A XUVENTUDE DE LUGO

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
As dez actividades están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 35 anos e desenvolveranse na Casa da Xuventude.

Inscrición: https://formulario.xuventudelugo.gal/.

Para conformar o programa deste último trimestre se tiveron en conta as propostas da xuventude e as novas tendencias, así como outras actividades que todos os anos contan con moita demanda, principalmente as que ten que ver coa actividade física. Por iso ata finais de ano, a axenda de actividades xuvenís oferta ioga, zumba, cociña – con xornadas dedicadas a elaborar tanto pratos internacionais como receitas propias de Nadal-, esgrima, revisión e mantemento de bicicletas e vehículos de mobilidade urbana e un obradoiro de moda circular, para darlle unha segunda vida as prendas que xa non se utilizan. Ademais, a programación inclúe un club de debuxo, que se pretende teña continuidade, con saídas á catedral, á muralla e ao Museo Provincial; e un club de oratoria.

A terceira novidade da programación para estes tres meses son as Xornadas do Deporte Antigo, que se desenvolverán do 13 ao 23 de novembro e que contan con varias actividades, moitas delas, abertas ao público en xeral. Así, haberá relatorios sobre os gladiatura, adestramentos conxuntos con intercambio de loitas, xogos panhelénicos, acondicionamento físico na antigüidade e xornada de portas abertas para probar as distintas disciplinas deportivas, entre outras.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android