O escultor cambadés Francisco Leiro presenta «O antropomórfico» no Museo Marco de Vigo, unha exposición con esculturas narrativas nas que se ve o interese do artista polo corpo humano. Deixando ao carón calquera sentido ou intención cronolóxica, artista e comisario buscan trazar a relación das obras cos peculiares espazos do MARCO, recorrendo para iso tanto a obras xa realizadas como a pezas de nova produción, específicas para esta mostra.
Madeira de piñeiro, de acacia, de castiñeiro, de cedro O tipo é o menos relevante para o artista, quen conforma corpos inventados a base de talos de madeira. Corpos sen embigos, ensamblados uns con outros, monumentais e de tamaño reducido. O artista volve explorar por unha das liñas máis intensas e poderosas da súa obra: o antropomórfico, o zoomórfico, o ambiguo da figura humana.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar