10:00 hasta las 20:00
Las siete ventanas

Las siete ventanas

O título Las siete ventanas quere expresar, tanto literal como metaforicamente; as diferentes formas de conxugar as relacións entre o dentro e o fóra, o marco e o van, ou a rúa e a habitación. O uso da xanela é un elemento reiterado ao longo de toda a súa traxectoria como medio para ver a realidade, a paisaxe ou a vida. Sublíñase a importancia do punto de vista, dunha mirada que nunca é normativa, directa ou centrada, senón lateral, múltiple e fragmentaria; así como a persistencia dos espellos e a imaxe reflectida.

O proxecto ten como obxectivo revisar a traxectoria da artista e presentar as claves que estruturan o seu traballo. Pódese gozar desde o 13 de maio ao 4 de setembro.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android