Alfredo Alcain presenta na súa exposición de Vigo, a súa verdadeira singularidade como artista. Hai que lembrar que como pintor, parte do ambiente figurativo madrileño, aínda que moi pronto introduce un elemento diferenciador: un humor fino, sutil, esixente e autocrítico, mesmo corrosivo, cos principios que lle parecen máis estables.
Sabe quedar como ninguén nese espazo difícil que é o límite entre a tradición e a modernidade, porque Alcain, fiel á pouca pintura, é un deses artistas que sempre aparecen, páiranse e analizan unha novidade ou un cambio de rumbo nos discursos expositivos, aínda que ás veces está guiado por un certo e lóxico escepticismo.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar