19:30
O surrealismo de Saramago no cinema: José e Pilar

O surrealismo de Saramago no cinema: José e Pilar

O 5 de novembro, o ciclo de cinema de Saramago mostra a película máis íntima e persoal, o documental ‘José y Pilar’ (2010), de Miguel Gonçalves Mendes. A película acompaña a vida do escritor e a súa muller Pilar do Río na súa casa de Lanzarote. O ritmo de traballo, o pensamento de Saramago e a súa acción política están presentes en está emotiva película.

Historia da relación entre o Premio Nobel de literatura José Saramago (1922-2010) e a súa esposa, a xornalista española Pilar do Río. Retrata a súa vida cotiá en Lanzarote e Lisboa, na súa casa e nas súas viaxes por todo o mundo, durante o últimos catro anos de vida do escritor portugués.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android