Angélica Salvi é unha arpista, compositora e artista sonora española afincada no Porto desde 2011. Conta cunha dilatada carreira artística na que traballou con compositores como Takayuki Ray, Joseph Waters, Heiner Goebbels, Stephen Andrew Taylor e tamén con músicos de improvisación como como Butch Morris, Evan Parker, Joëlle Léandre e Han Bennink.
Tras graduarse no Real Conservatorio Superior de Madrid, Angélica continuou os seus estudos na Universidade de Arizona (Estados Unidos) e no Conservatorio de Música da Haia (Países Baixos), onde realizou dous másteres especializados en improvisación, música contemporánea e electroacústica.
Ao longo dos últimos 10 anos mergullouse no mundo da electrónica en vivo e tamén formou parte de múltiples proxectos no campo da música experimental, as artes visuais, a danza e o teatro, organizados por grupos como Sonoscopia, Balleteatro, Oficina Arara, Crónica Electrónica, Teatro de Ferro e Vertixe Sonora Ensemble . Membro fundadora de FMFX (Colectivo de Efectos Femininos), Angélica creou proxectos multidisciplinarios como Harpoemacto, Nooito, Transcendecia e Delirio e Paisaxes Invisibles. Actualmente é profesora de arpa no Conservatorio Superior de Música do Porto.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar