19:00
Conferencia: 'Dolores de Rivas Cherif. O apoio emocional de don Manuel Azaña'

Conferencia: "Dolores de Rivas Cherif. O apoio emocional de don Manuel Azaña"

Conferencia:
“Dolores de Rivas Cherif. O apoio emocional de don Manuel Azaña.”

- Relator: Buenaventura Aparicio Casado
- Interveñen: Ángeles Tilve (directora do Museo de Pontevedra) e Buenaventura Aparicio Casado (doutor en Historia, antropólogo, escritor)
- Día: martes, 22 de outubro de 2024
- Hora: 19:00
- Lugar: área de cristal do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa do Padre Amoedo, 3)

O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia Dolores de Rivas Cherif. O apoio emocional de don Manuel Azaña, impartida por Buenaventura Aparicio Casado (doutor en Historia, antropólogo, escritor).

O acto terá lugar o vindeiro martes 22 de outubro, ás 19:00 horas, na área de cristal do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
O relator estará acompañado por Ángeles Tilve (directora do Museo de Pontevedra).

A entrada é libre ata completar capacidade.


Sinopse

As mulleres foron, tradicionalmente, as grandes esquecidas pola Historia. Esta situación está a cambiar, máis aínda fica camiño por percorrer.
Manuel Azaña, confesaba, xa entrado na trintena, certa sensación de desacougo, de fracaso persoal. Esta inquedanza mudou radicalmente a raíz do seu matrimonio con Dolores de Riva Cherif. Que aportou Dolores a unha personalidade tan complexa como a de Manuel Azaña? Estabilidade, equilibrio emocional. No seu fogar, Azaña disfrutou de paz e tranquilidade, tan necesarias para un home que foi unha figura capital da política española nos anos –non sempre plácidos- da Segunda República.
Discretamente, Dolores sempre apoiou ao seu marido, nos seus actos e nas súas decisións. E cando chegaron os anos terribles da Guerra Civil e do exilio, alí estaba ela, sufrida, animosa, axudando a Azaña a soportar o calvario final.
É, pois, de estrita xustiza rendirlle homenaxe a esta muller que, exiliada en México, non quixo retornar a España porque o seu marido, xa falecido, non podería acompañala.


Do autor

Buenaventura Aparicio Casado é mestre e doutor en Historia. A súa tese doutoral versou sobre “El folklore en los yacimientos arqueológicos de Galicia”.
Foi profesor do IES “Chan do Monte” de Marín e profesor titor nas facultades de Xeografía e Historia e Ciencias Políticas e Socioloxía da UNED en Pontevedra ata a súa xubilación. Fundou e coordinou o Grupo de Investigación “A Laxe da Irena” de Ponte Caldelas.
As súas investigacións centráronse na arte rupestre e na antropoloxía cultural, estudando a tradición oral, a relixiosidade popular e os aspectos simbólicos da arte rupestre.
Articulista e conferenciante, impartiu cursos para profesores e participou en diversos congresos.
Publicou máis de cento corenta traballos –entre eles catorce libros- sobre temas de Arqueoloxía e de Antropoloxía Cultural.


COLABORA:
Museo de Pontevedra.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android