Veñan as Cinco
Festival Poético en Pontevedra
Do 25 ao 27 de outubro
Diversos espazos de Pontevedra
Que é Veñan as Cinco?
VEÑAN AS CINCO é urbe máis fala.
É un convite a participar na construción dos códigos sutís da escoita, do contacto epidérmico, a hibridación do sensible coa lucidez expresiva da súa representación.
É unha conspiración de fonéticas para ser asumidas como referencias propias a través da transferencia que se orixinan na recitación poética.
É abrir os espazos ás correntes exclamativas, poliédricas, orgánicas e magmáticas que compoñen o relevo do quefacer poético actual na Iberia en cada unha das súas linguas: galego, éuscaro, catalán e castelán, á que lle sumamos a portuguesa por capilaridade semántica dese tronco compartido que denominamos lusofonía.
É un mapa de voces en acción, o pacto que establece a alianza entre magma e labirinto, a distancia onde resoa o eco das palabras que constrúen as arquitecturas da existencia.
Organizan Ateneo de Pontevedra e Concello de Pontevedra
Acompañádesnos?
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar