00:00 hasta las 00:00
Semana Nacional do Deporte Antigo 2024

Semana Nacional do Deporte Antigo 2024

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Semana Nacional do Deporte Antigo 2024

Do 13 ao 23 de novembro, Lugo converterase na sede da Semana Nacional do Deporte Antigo, un evento que atraerá á cidade a máis de cincuenta atletas e especialistas de toda España. Organizado pola Área de Xuventude e Deportes do Concello de Lugo xunto coa asociación Lucius Spiculus Divulgación, o evento propón unha programación diversa, con conferencias, exhibicións e competicións abertas a todos os públicos.

Entre os poñentes de prestixio que participarán, destacan Alfonso Mañas, Doutor en Historia do Deporte, experto en gladiatura, investigador da Universidade de Berkeley e membro do Consello Editorial de The International Journal of the History of Sport.; Juan Tranche, editor e divulgador sobre a Antiga Roma e autor da novela Spiculus; Fernando Barriales, recreador histórico especializado en gladiatura e creador de musealizacións; e Javier Romay, fundador de Lucius Spiculus Divulgación e especialista en deportes antigos. Cada un deles achegará o seu coñecemento para enriquecer esta semana única de divulgación histórica.

 Entre as actividades máis destacadas desta semana, inclúese o V adestramento nacional de gladiatura, que en edicións anteriores celebrouse en cidades como Tarragona e Madrid. Os adestramentos, abertos ao público, permitirán aos asistentes observar de preto as técnicas e prácticas destes antigos combates. Así mesmo, o día 23 celebraranse os Xogos Panhelénicos no Campo Municipal de As Pedreiras, onde o público poderá experimentar disciplinas deportivas da antigüidade e presenciar unha competición de nivel nacional.

Lucius Spiculus Divulgación, que coorganiza estas xornadas, traballa desde a súa fundación en 2020 para recrear e dar a coñecer o deporte da antigüidade cun rigor e compromiso que os levaron a participar en eventos tanto nacionais como internacionais. Colaboradores habituais do Arde Lucus, esta asociación tamén tivo presenza en encontros de renome en cidades como Mérida, Turín e Roma, posicionándose como unha referencia na divulgación e práctica da gladiatura e outras disciplinas antigas.

Con actividades tanto para especialistas como para o público xeral, a Semana Nacional do Deporte Antigo é unha cita consolidada a nivel nacional que chega a Lugo por primeira vez, ofrecendo unha viaxe ao pasado e achegando a riqueza do patrimonio histórico ás novas xeracións.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android