12:00 hasta las 19:00
CARBALLO INTERPLAY 2023

CARBALLO INTERPLAY 2023

Carballo é unha vila ao noroeste da provincia da Coruña, no noroeste de Galicia e tamén no da Península Ibérica. Ten 30.000 habitantes e é a capital da comarca de Bergantiños. Sitúase ás portas da Costa da Morte, unha zona marítima coñecida polos seus naufraxios, as súas sobrecolledoras paisaxes e cantís e por praias como a de Razo, estupendas para facer surf. Na Costa da Morte a forza da marea é quen de afundir petroleiros, facer medrar os mellores percebes do mundo ou provocar a éxtase sensorial dos seus visitantes, especialmente cando hai temporal. Tamén dos seus habitantes, que malia todo levan con bastante tranquilidade iso de vivir na fin do mundo. 

Alí nace no ano 2014 o festival  CARBALLO INTERPLAY como un evento pioneiro: o primeiro festival de webseries do Estado.  A partir de 2015 pasa a ser un Festival de contidos dixitais sempre atento ás novas linguaxes, englobando novas propostas e xeitos de entender a narración e a cultura audiovisual en relación coa rede, un medio en continua transformación. 

Recoñecidos e recoñecidas profesionais do mundo dixital en diferentes ámbitos asisten cada edición ao festival: David Saínz, Teresa Segura, Brays Efe, Malena Pichot, Charo López, Venga Monjas, Hematocrítico, Soy Una Pringada, Percebes y Grelos, Aby Power, Perra de Satán, Rubén Ontiveros, Nico Gómez, Los Prieto Flores, Noel Ceballos, Isa Calderón, Belena Gaynor, Manuel Bartual, Anabel Lorente, Lula Gómez, Lorena Iglesias, Living Postureo, Penny Jay, Rocío Quillahuaman, Christian Flores, Desirée de Fez, Carlo Padial, Andrea Gumes, Anna Pacheco, Jorge Coira, Alberto Vázquez, Javi Camino, Xose Antonio Touriñán etc. son algún dos nomes que pasaron polo Interplay. Tamén plataformas, canles e empresas como RTVE (PlayZ), Atresmedia, Globomedia, Mediaset (Mtmad), Playground, Vice, CRTVG, Portocabo ou Radio Primavera Sound pasan cada ano pola nosa ZONA PRO.

+INFO
https://carballointerplay.com/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android