18:30 hasta las 21:00
Taller de cantos de aves

Taller de cantos de aves

Seguimos coas actividades da Casa das Insuas e o 29 de abril de 18:30 a 21:00 teremos o Taller de cantos de aves, guiado polo ornitólogo Óscar Rivas. Faremos unha visita ás Insuas do Miño escoitando ás aves no solpor e recoñecendo as diferentes especies presentes. Prazas limitadas. Inscricións en http://www.custodiadoterritorio.org/actividades. Máis información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no 620 59 38 92. Esta actividade inclúese dentro do convenio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android