20:30
El bosque salvaje de Pardomino

El bosque salvaje de Pardomino

O venres 10 de novembro ás 20:30 h. na Casa das Insuas proxectaremos a película-documental “El bosque salvaje de Pardomino”. Un dos bosques mellor conservados de Europa que permanece esquecido do mundo nun pequeno recuncho da Provincia de León. Para moitos, a idealización da vida silvestre na Cordilleira Cantábrica. O escenario perfecto para levar a cabo un traballo pioneiro no seu xénero; tres anos de traballo con cámaras automáticas permitiron desvelar os detalles da vida íntima dos habitantes do Bosque. Achegando datos imprescindibles sobre a poboación de osos, a dinámica poboacional do lobo. Por vez primeira nas pantallas aspectos inéditos de especies emblemáticas da nosa fauna mostrándonos a beleza das súas vidas cando ninguén os ve, cando nada lles perturba. Sen aditivos, sen manipulación. Gañadora de 4 Festivais internacionais, 9 nomeamentos internacionais: El Bosque Salvaje de Pardomino, unha produción de BICHO.

Podedes visionar o trailer na seguinte ligazón: https://vimeo.com/799462659

Contaremos coa presenza do director, realizador e productor da película-documental, Carlos Rodríguez, e haberá un coloquio ao rematar a proxección.

A actividade é de acceso libre pero é preciso inscribirse: https://www.custodiadoterritorio.org/events/proxeccion-do-documental-bosque-de-pardomino

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android