10:00 hasta las 14:00
Obradoiro de fabricación de feltro artesanal

Obradoiro de fabricación de feltro artesanal

O vindeiro sábado día 25 de novembro, en horario de 10 a 14h, na casa das Insuas de Rabade, terá lugar un obradoiro de fabricación de feltro de forma artesanal. Coñeceremos as diferentes técnicas de obtención a partir da la, e descubriremos as propiedades desta da man de Fran Galán, biólogo e experto na materia. Animádevos a compartir con nós esta experiencia pensada para todos os públicos. Inscricións e información en: http://www.custodiadoterritorio.org/actividades. Máis información en: custodiadoterritorio@gmail.com ou 630-94.82.93 (teléfono ou WhatsApp). Esta actividade é posible grazas ao acordo de custodia do territorio que a Deputación de Lugo mantén coa AGCT para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte, contornas da institución provincial que forman parte da Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android