10:30 hasta las 14:00
XVI Limpeza Simultánea de Ríos

XVI Limpeza Simultánea de Ríos

Unha vez máis e grazas á colaboración entre a AGCT e a Deputación de Lugo, o domingo 24 de setembro realizaremos unha nova actividade da Casa das Insuas, participando na XVI Limpeza Simultánea de Ríos, onde entidades e particulares de toda Galicia nos unimos para visitar e limpar diferentes espazos naturais galegos. Invitámosvos a participar nesta xornada que comezará ás 10:30 na Casa das Insuas, Rábade (Lugo) e faremos unha pequena ruta e a limpeza no entorno das Insuas do Miño ata as 14:00. É necesario traer roupa e calzado de campo cómodo. Actividade gratuíta. Inscricións na páxina web da AGCT (http://www.custodiadoterritorio.org/actividades) e máis información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no 630-94.82.93 (WhatsApp ou teléfono). Esta actividade inclúese dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android