17:00 hasta las 20:30
Samaín na Casa das Insuas

Samaín na Casa das Insuas

Ven pasar con nós unha xornada familiar inspirada no Samaín, o próximo sábado 28 de outubro de 17:00 a 20:30 horas. Faremos un taller de decoración dun tarro portacandeas, e poderás traer a túa cabaza para decorar con nós. Sairemos ó lusco fusco a facer unha pequena andaina e á volta coñeceremos un pouco aos morcegos das Insuas. Agardámoste! Inscricións e información en: http://www.custodiadoterritorio.org/actividades. Máis información en: custodiadoterritorio@gmail.com ou 630-94.82.93 (teléfono ou WhatsApp). Esta actividade é posible grazas ao acordo de custodia do territorio que a Deputación de Lugo mantén coa AGCT para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte, contornas da institución provincial que forman parte da Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android