10:00
Música ao natural nas Insuas - Troupelear

Música ao natural nas Insuas - Troupelear

Proposta educativa para traballar a música tradicional como ferramenta educativa. En horario de 10:00 a 13:30 terá lugar unha taller no que se ofrecerán materiais e recursos para empregar a musica tradicional en todas as etapas educativas e para outros contextos culturais/educativos. A partir das 13:30 terá lugar un concerto. Podedes vir ás dúas actividades (taller e concerto) ou solo a unha delas. Unha vez remate o concerto animámosvos a traer algo de picoteo para compartir entre amigos. A entrada é libre pero é preciso inscrición previa na actividade. Información e inscricións en brancavillaresnaveira@gmail.com Esta actividade inclúese dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android