10:30 hasta las 14:00
Taller de vimbio vivo en maceta

Taller de vimbio vivo en maceta

Seguimos coas actividades da Casa das Insuas englobadas no programa de cestería con vimbios. O próximo fin de semana, o domingo 17 de marzo de 10:30 a 14:00, teremos o Taller de vimbio vivo en maceta, da man de Idoia Cuesta onde aprenderemos a crear estruturas en vimbio vivo trenzado para decorar o noso xardín ou vivenda. Inscricións en http://www.custodiadoterritorio.org/actividades. Máis información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no 630-94.82.93. Esta actividade é posible grazas ao acordo de custodia do territorio que a Deputación de Lugo mantén coa AGCT para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte, contornas da institución provincial que forman parte da Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android