Espectáculo de narración oral con monicreques e música, protagonizado por Fran Campos (da compañía Bandullo Azul), en que se conta a viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, na súa teima por saber de que cor é o vento. Para dar resposta a ese misterio, emprenderá unha fanta´stica aventura, collido da empuñadura dun paraugas. A historia está baseada no libro de Xosé Lueiro "O ladrón de paraugas". Para asistir é necesario facer reserva (billete 2 euros)en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whtasapp 698177621.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar