12:00 hasta las 13:00
IALMA, co concerto 'Camiño', o domingo 19, ao mediodía, na Casa-Museo Manuel María

IALMA, co concerto "Camiño", o domingo 19, ao mediodía, na Casa-Museo Manuel María

Ialma, grupo constituído por catro vocalistas nadas en Bruxelas, fillas de familias emigrantes galegas, manteñen un vencello vital coa Galiza, fonte de inspiración artística. As súas voces tradicionais fusiónanse con sons, melodías e arranxos máis modernos, dando cancións moi frescas e vivas. Virán acompañadas de dous grandes músicos Didier Laloy, considerado un dos representantes máis activos do renacemento do acordeón diatónico e do salientábel guitarrista Karim Baggili.
Ialma interpretará na Casa-Museo o seu traballo "Camiño", proxecto que conta a historia da avoa dunha das intérpretes. Proxecto moi emocionante e cheo de alegría.
Para asistir (billete 5 euros) é necesario facer reserva en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android