XI Convivio da Cultura Galega 2024 Sábado 13 de xullo | Carballeira de Santa Isabel (Outeiro de Rei) XI Convivio da Cultura Galega Sábado, 13 de xullo Romaría-Foliada Campo de Santa Isabel - Outeiro de Rei 11.15 Acollida na horta da Casa-Museo Manuel María coa coral Solfa. 11.45 Saída a pé para a carballeira de Santa Isabel con parada no cemiterio de Outeiro para realizarnos unha ofrenda a Manuel María e Saleta. 12.30 Actuación na carballeira da Banda de Música Sons e Soños de Rábade, Begonte, Outeiro e Friol, dirixida por Armando Morales, e acompañada pola soprano Tabea Graser. 13.45 Xantar de convivio. 16.30 Foliada na carballeira coas actuacións de Parabéns, Tradivivas Agra, Reviravolta e Vento Mareiro. Conduce a festa: Xurxo Souto. 18.00 Concerto dos Carunchos. Presentación do seu último traballo "Unha gorxa chea de paxaros. Os Carunchos cantan a Manuel María". Encontro do asociacionismo cultural de base. As directivas das entidades pertencentes a Galiza Cultura (e quen quixer...) reuniranse ás 12.15 h no auditorio da Casa-Museo Manuel María para articular a súa actuación en común. +INFO http://www.casamuseomanuelmaria.gal/
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar