17:00
'Grandes éxitos' de Caxoto

"Grandes éxitos" de Caxoto

Neste ano 2024 Caxoto fai 20 anos enriba dos escenarios contando contos. En todo este tempo o conto foi o principal ingrediente do seu traballo... mais non o único! Se os contos foron o sal, a música foi a pementa. A través das cantigas tradicionais, dos xogos musicados, dos instrumentos peculiare,... ,Caxoto foi xuntando todo un amplo repertorio musical que vai desde o jazz chairego de Manuel María, á bossa nova mariñeira, pasando pola nosa rica tradición musical e as cantigas infantís de toda a vida, E todo co mellor acompañamento musical posíbel: gaita, pandeireta, ukelele, whistle, acordeón, birimbao, xilófono,... Para celebrar na Casa-Museo Manuel María as dúas décadas vivindo do conto, Caxoto fai unha selección de todas estas cancións, contos e xogos neste “Grandes éxitos 2004-2024”. Un espectáculo de narración oral e musical divertido e participativo para nenas e nenos, entre os 4 e os 10 anos, e as súas familias. É necesario reservar (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android