Doa dúo, Susana de Lorenzo (Voz, Harmonium, Percusión e Unidade didáctica) e Xoan Piñón (Guitarra acústica) estarán este sábado, 3 de marzo, ás 20 h na Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei (Lugo) Doa é un dos grupos históricos e referentes da música galega, levando a nosa música, e en concreto a lírica galego-portuguesa, e as súas propias composicións, polo mundo enteiro. Este sábado, coa mestría e orixinalidade que os caracteriza, interpretarán cantigas do século XIII, algunha versión de temas bretóns e irlandeses e composicións de seu. Para asistir ao concerto (billete 5 euros) é necesario facer reserva en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621. Foto : José Ramón Moire Silva
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar