Este sábado, 27 de xaneiro, ás 20 h, na Casa-Museo Manuel María (en Outeiro de Rei) teremos a oportunidade de escoitarmos CRÚAS.
CRÚAS é un dúo de piano e voz que lle pon música a palabras de poetas galegas. Poemas feitos cancións, melodías que transportan mensaxes, notas que evocan imaxes. Repertorio de xéneros variados para poemas de Rosalía, Xela Arias, Olga Novo, Darío Xohán Cabana, Helena Villar Janeiro, Uxío Novoneyra, Luz Pozo Garza, María Victoria Moreno, Manuel Rivas...
Crúas compono: -Alba Ermida Area, cantante e clarinetista. Integrou varias formacións e fixo música en vivo para varias compañías de teatro. Do seu paso por Bos Aires recolleu outras formas de música que agora plasma nas súas novas composicións. -Iria San Marcial, pianista, agora está a estudar jazz e investiga sonoridades electónicas noutros proxector persoais.
Para asistir ao concerto (billete 5 euros) é necesario facer reserva en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar