12:30
Presentación da webserie 'Ronsel de futuro: historias soterradas'

Presentación da webserie "Ronsel de futuro: historias soterradas"

Presentación da webserie "Ronsel de futuro: historias soterradas", un filme de Señor López Producións, que trata de achegar a través do cinema toda a inmensidade dos catro museos que fan parte da Rede Museística Provincial de Lugo. A historia de ficción ten o seguinte fío argumental: Braulio acaba de saír do cárcere logo de cumprir unha condena por facer grafites de dinosauro no patrimonio. Para poder saír de Bonxe acepta un titor, Alexandre, que cunha metodoloxía moi peculiar, faralle ver a necesidade de realizar esta webserie documental sobre a Rede Museística como parte da súa reinserción na sociedade. Co paso dos capítulos todo encaixará na cabeza de Braulio. Esta webserie que se presentou nos Cines Númax e en Bos Aires, da man da Universidade Nacional Tres de Febrero, agora preséntase cun formato espectáculo en distintas localidades da provincia de Lugo. A primeira localidade será Outeiro de Rei, e en concreto a Casa-Museo Manuel María, para posteriormente e en próximas datas pasar por Barreiros, O Courel, Sarria, Meira, Lugo.... Esta actividade vai dirixida para todos os públicos, é de entrada libre mais é necesario facer reserva en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android