00:00 hasta las 00:00
Pazo de Tor | Programa de actividades de verán 2022

Pazo de Tor | Programa de actividades de verán 2022

Pazo de Tor | Programa de actividades de verán 2022

A Rede Museística Provincial, dependente da área de Cultura da Deputación de Lugo, a través dos departamentos de didáctica dos catro museos que a integran (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) pon a túa disposición a programación para o verán 2022.

PROGRAMA

OBRADOIROS

Campamento “Pon un museo na túa vida”

Datas: 27-28-29 de xuño.

A TUA ÁRBORE XENEALÓXICA

Os pazos son edificios que, na maioria dos casos, pertenceron a familias fidalgas. Para estes fidalgos era moi importante a xenealoxia das súas familias, xa que en gran parte era a que xustificaba a súa condición. Existían diferentes expresións da xenealoxía dunha familia fidalga, escudos, xenealoxías familiares, e tamén árbores xenealóxicas. Esta última foi un elemento moi presente nos pazos e o pazo de Tor non é unha excepción. E por iso que partindo de esta premisa, e tomando como modelo os que existen neste pazo, faremos a súa árbore xenealóxica familiar e aprenderán quen é cada membro da familia e o parentesco entre eles.

TOR E OS SEUS ESCUDOS

Outro dos elementos que non faltan nos pazos e que tamén están directamente relacionados coa xenealoxía das familias que os habitaron, son os escudos heráldicos. Falaremos deles, miraremos todos os que hai no pazo de Tor e aprenderemos cales son as súas partes e que significaban, para despois facer un escudo que nos represente.

A MEMORIA DO PAN

Os pazos eran como pequenas cidades en si mesmas, totalmente ou practicamente autosuficientes. Aquí se facía practicamente todo o que era necesario para a vida cotiá. Faremos unha visita na que veremos ata que punto isto era así. Poñendo especial atención no grán dende a sua recoleción ata a súa transformación en alimento.Logo acenderemos os fornos de Tor e veremos que cousas ricas poden sair despois de tanto traballo.

RESMAS E PLIEGOS

Son duas medidas tradicionais que servian para medir cantidades de papel. Veremos a importancia do papel ao longo da historia dos pazos e veremos algunha medida tradicional mais que existia no pazo para outro tipo de cousas. Tamen veremos o importante que é ser sostible hoxe en día e realizaremos un obradoiro onde crearemos os nosos papeis sostibleles e persoalizados partindo de papel usado.

(RE) CONEXIÓN

Deixando de lado os obradoiros máis técnicos e usando así as xornadas para levar a cabo a gravación audiovisual, sendo esta a escusa para a reconexión interxeracional, que é o propósito esencial deste proxecto.

Co material gravado, 6-8 historias de bibliotecas vivas ao longo da provincia, montaríase unha peza final de 12-15 minutos que sería o que se proxectaría nalgunha estancia da Rede Museística.

Datas: 18 e 19 de xullo.

Horario: 10:00 a 14:00.

Idades: 8 a 12 anos.

Prazas: 6.

III TORNEO DE AXEDREZ DO PAZO DE TOR

Datas: 30 de xullo.

Contacto: Asociación Galega de Axedrecistas 981 150 168 / 608 084 705

AMADRIÑANDO Á REDE: o compromiso de nacer cun museo baixo o brazo.

DATAS: A partir do 1 de agosto.

PROGRAMA ONDE NACEN ÁS HISTORIAS.

Trátase dunha programación multiartistica para a infancia e a adolescencia, composta por 5 xornadas con múltiples obradoiros de diferentes disciplinas artísticas e artistas locais, integrando todas as artes dun xeito tranversal cunha perspectiva feminista, multicultural, LGTB+ e inclusiva.

Historia en imaxes

Imaxinación á mesa

O legado das palabra

Redes de escritura

A maxia das raíces

Teatro para todes

Un fogar para todes

Lendas da Terra

Datas: do 2 ao 6 de agosto.

Prazas: 20.

IMAXES SACRAS PAZO DE TOR

Proxecto de formación , creación e investigación a través da fotografía, integrando a un recoñecido fotógrafo galego Vari Caramés e a poboación das aldeas da Ribeira Sacra do Río Miño. A exposición en formato proxección se realizará no Pazo de Tor.

Datas: 5 de agosto

SACRA FESTIVAL 2022

IMAXES SACRAS ÁS 20:00
COMPAÑÍA 5S 21:00
DUZARO 21:30
DAVIDE SALVADO
Datas: 5 de agosto

RESIDENCIAS

[Da]terraSemente [Dá]sementeTerra

Encontros de cocreación artística coa comunidade e a contorna rural con Carla Andrade, Eva Antelo, Rosa Neutro e María Roja.

Inicio residencias: 3 de agosto.
Presentación proxectos de creación: 5 agosto.
Interación artistas no proceso creativo: do 6 ao 11 de agosto.
Formalización e montaxe: 12 de agosto.
Inauguración proxecto expositivo: 13 de agosto.
Escrita no remoto” con Yolanda Castaño

Datas: de Xullo a Novembro coa FUNDACIÓN UXÍO NOVONEYRA e a REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO

PROXECIÓN EXTERNA DA REDE MUSEÍSTICA

soTERRAdas no FANCINE LEMOS

Datas: 7,8 e 9 de xullo en Monforte.

CREACIÓN DE CONTIDOS E RELATOS DIARIOS DE INSPIRACIÓN BRUXULA

Datas: Xullo e agosto.

PROGRAMA ONDE NACEN ÁS HISTORIAS.

Trátase dunha programación multiartistica para a infancia e a adolescencia, composta por 5 xornadas con múltiples obradoiros de diferentes disciplinas artísticas e artistas locais, integrando todas as artes dun xeito tranversal cunha perspectiva feminista, multicultural, LGTB+ e inclusiva.

Historia en imaxes

Imaxinación á mesa

O legado das palabra

Redes de escritura

A maxia das raíces

Teatro para todes

Un fogar para todes

Lendas da Terra

Datas: do 2 ao 6 de agosto

Prazas: 20.

_______________________

Inscricións: comunidadermpl@gmail.com

+INFO
https://comunidadermpl.es/

Museo Pazo de Tor. Tor (Monforte de Lemos). Tfno.: 982 165 534 / pazodetor@museolugo.org

Xerencia Rede Museística. Tfno.: 699 836 883 / xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org / comunidadermpl@gmail.com
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android