Recuperamos a proramación que estaba prevista para o 2 de xuño no Pazo de Tor e que tivo que ser aprazada por mor das condicións climatolóxicas, referimonos en concreto á programación Expandida do Sacra Festival. Sacra Festival é un festival que propón unha conexión entre a arte, a natureza e a música nunha contorna privilexiada como a Ribeira Sacra. Cada ano elíxense diferentes espazos singulares e especiais para realizar a programación. A razón de ser do festival é seguir avivando esa chama cultural que une as orixes galegas destes lugares máxicos da man de grandes artistas. SACRA FESTIVAL 2023 | Programación Expandida Sacra Festival é un encontro sostible, cultural e turístico para un número reducido de asistentes, xa que os espazos teñen aforos limitados. Queremos lembrar a importancia da sostibilidade para minimizar o impacto no medio ambiente e mantendo o ecosistema. O día 14 de xullo a partir das 19:00 pm poderase disfrutar na contorna do Pazo de Tor das actuacións da Compañia 5S, Crnds, Allova e Sila Lua, acceso gratuíto ata completar o aforo.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar