00:00 hasta las 00:00
III Xornadas Pacegas 2023

III Xornadas Pacegas 2023

Rede Museística Provincial de Lugo organiza un ano máis no Museo Pazo de Tor as Xornadas Pacegas, encontros dialogados arredor da civilización dos pazos e fortalezas. Trátase de xornadas científicas, que son diálogos abertos cos que trenzar a colaboración entre universidade, museos e entidades sociais para que o coñecemento académico saia á rúa.

Serán os días 2 e 3 de marzo de 2023 e, coincidindo co mes da muller, céntranse no maltrato e a herdanza patrimonial baixo o título ‘III Xornadas Pacegas: Conflitividade feminina, herdanza e patrimonio: Caldaloba, Narla e Tor’.

Datas: 2, 3 e 4 de marzo de 2023
Lugar: Museo Pazo de Tor

Inscricións a través do correo: concertacionsrmpl@gmail.com

Coordina: Encarna Lago, xerente da RMPL
O bus sairá de Lugo ás 15:15h.

As tres mulleres protagonistas son:
Catarina de Santiso: asasinada polo seu home, Vasco das Seixas, señor de San Paio de Narla.
Constanza de Castro: cuxa historia de resistencia en relación con Caldaloba e a herdanza do seu pai (torre recuperada para o patrimonio público da Deputación Provincial de Lugo) e a herdanza do seu pai, Pardo de Cela, é ben coñecida.
María Paz Taboada: última fidalga de Tor, quen á súa morte doou o pazo e todo o patrimonio moble que contén á sociedade.

DATAS E PARTICIPANTES

Xoves, 2 de marzo
Recepción e benvida a cargo de Tareixa Antía Ferreiro Tallón, vicepresidenta da Deputación Provincial de Lugo, e Encarna Lago González, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo.
Dolores López da Asociación Carballo Vivo: Experiencia dunha muller activista na conservación recuperación e posta en valor do patrimonio.
Alberte Ansede, presidente da Fundación e Casa-Museo Manuel María: O papel da sociedade civil na recuperación do patrimonio: o caso de Caldaloba”.
Antón Meilán García, catedrático emérito da Universidade de Oviedo, autor do libro Dona Constanza de Castro toma a Fortaleza de Vilaxoán: “Dona Beatriz e Constanza de Castro, as fillas rebeldes de Pardo de Cela”.
Simón Vicente, auxiliar de sala da Rede Museística Provincial de Lugo: “Mulleres serpe, sereas e dragóns: os casos de Tor e Narla”.

Venres, 3 de marzo
Mónica Fernández Armesto, doutora, profesora do Departamento de Historia da USC: "Galegas litigantes perante a xustiza senhorial no Antigo Réxime"
Raquel Iglesias Estepa, doutora en Historia: “A conflitividade feminina nas fontes xudiciais do Antigo Rexime”.
Tamara González López, doutora, profesora do Departamento de Historia da UDC: “Herdanzas, dotes e mandas: a loita das fidalgas polo patrimonio familiar (ss. XVIII-XIX)”
Ana Sixto Barcia, doutora, profesora do Departamento de Historia da USC:  "Condenadas ao esquecemento. Os conflitos en torno ás vocacións forzadas na Galicia de época moderna"

Sábado, 4 de marzo: Soterradas en liña
Mesa debate sobre a as desigualdes de clase e de ciclos de vida.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android