Temos unha proposta para ti! O obradoiro "En tempo presente", da man de Violeta Bronstein e Leonardo Casado: 👉 Unha experiencia colectiva e un espazo de reflexión-acción para abordar o concepto de tempo e as súas condicionantes na xestión de proxectos, prácticas educativas e investigacións en museos e espazos culturais. Será o luns día 2 de setembro, de 10:30 a 18:30 no Museo Pazo de Tor (Monforte-Lugo) e inscrición xa está aberta! ➡️ https://comunidadermpl.gal/estratexias-de-museoloxia-social-2024/?fbclid=IwZXh0bgNhZW0CMTAAAR0s4mdpVs58amMM868KeGoFKc8J0r9dZeyvvQJUkYjG4RpUk1iMc8op9A4_aem_HYsnNEFLv6nDZEtHE846_Q Esta proposta sigue o fío de Estratexias de Museoloxía Social, o programa que coordinamos para a Rede Museística Provincial de Lugo baixo o título "Investigar e aprender no Museo: outro tempo". ◽ Comezamos en abril cun ciclo de conversas con profesionais referentes do eido museístico iberoamericano. ◽ O 18 de maio, coincindo co Día Internacional dos Museos, publicamos as conversas na web da Rede Museística Provincial de Lugo, onde podes escoitalas sempre que queiras. ◽ E no vindeiro mes de setembro, celebramos este obradoiro. Polas súas características, ten prazas limitadas: recomendámosche non deixar a inscrición para o último día! 😉
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar