MUSEO PAZO DE TOR | Actividades de verán na RMPL 2023 Desde os catro museos integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo propoñémosche un programa refrescante cunha morea de actividades para o verán 2023. Actividades variadas, para todas as idades, propostas guiadas polo afán de aprender e gozar ao mesmo tempo. Unha mestura de coñecementos e entretementos que procuran que a cultura e a historia deste noso país, que procuramos divulgar e transmitir desde as coleccións expostas nos museos da Rede, formen parte das nosas vidas tamén no verán. Tempo de facer novas amizades, de compartir, de crear e soñar! Se te animas, aquí tes sempre a porta aberta! +INFO https://comunidadermpl.gal/actividades-de-veran-na-rede-museistica-provincial-de-lugo/ ___________________ VERÁN NO MUSEO PAZO DE TOR SACRAFESTIVAL -PROGRAMACIÓN EXPANDIDA-ARTE PARA UNHA PAISAXE COMPAÑÍA 5S (Compañía multidisciplinar de arte inclusivo,danza,teatro y música) CRNDS ALLOVA (músico Alberto Cernadas) SILA LUA (compositora,pianista e cantante) Data: 14 de xullo Horario: 19.00 h. (ata completar aforo) CAMPAMENTO DA RMPL NO MUSEO PAZO DE TOR Idades: de 6 a 13 anos Datas: 20 e 21 de xullo Horario: de 10.00 a 13.00 h. Prazas: 15 1ª parte cada día 10 a 11 h : FONTANEANDO: CHÍOS DA REDE MUSEÍSTICA, SOBREVOANDO O TERRITORIO E A COMUNIDADE. 2ª parte cada día de 11 a 13 horas: ”CORPORIZarte NA RMPL” Imparte: Stephanie Cubides Martínez Licenciada en Artes Escénicas, Universidade Pedagóxica Nacional, Bogotá. Diplomada en prácticas artísticas e construción da paz desde o territorio, especialista no desenvolvemento de linguaxes corporais dende as artes escénicas, clown, danza contemporánea inclusiva e o ioga. Obxectivos: 1. Xerar un espazo de benestar destinado ao coidado propio e colectivo a través das artes escénicas nos museos. 2. Reconquistar o espazo de museo desde a exploración física e sensorial. 3. Reivindicar o dereito para interactuar coa arte e a cultura a través do xogo, o xogo creativo e creador. Nestas sesións exploraremos relacións que inquieten as miradas, que deconstrúan as formas de aproximarnos á arte e a cultura e que promovan o benestar a través do corpo en movemento, para iso usaremos estratexias propias das artes escénicas (danza, xogos teatrais, risoterapia e algunha pirueta que nos/nos poña a ver o mundo desde múltiples perspectivas) xerando así un espazo de complicidade e xogo creactivo que nos/nos penetre no museo desde o goce e a alegría. OBRADOIRO PAZO CON TODXS Xerar un espazo de benestar destinado ao coidado e promoción de relacións comunitarias a través da risoterapia e o xogo no museo. Deconstruír e resignificar os espazos do Pazo de Tor desde a exploración e interacción física e sensorial en comunidade. Contribuír aos procesos de medrar xuntxs a través da práctica e creación de xogos espontáneos e creactivos en comunidade. Idades: PARA TODXS Datas: 18 e 19 de xullo Horario: de 10.00 a 13.00 h. Prazas: 20
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar