Encontros no rural. Diálogo de saberes ‘Encontros no rural. Diálogo de saberes da RMPL’, no Museo Pazo de Tor “Encontros no rural. Diálogo de saberes” forma parte do ‘I Foro expandido de Museoloxía Social da Rede Museística Provincial de Lugo’, unha ampla programación con propostas variadas que se irán dando a coñecer ao longo do ano 2023 para e con todo tipo de comunidades. A próxima sesión de “Encontros no rural. Diálogo de saberes” terá lugar o 31 de xaneiro no Museo Pazo de Tor, en Monforte, para dialogar sobre para que (ou quen) traballamos? Habitar os proxectos fronte ao xestionar. Lugar: Museo Pazo de Tor Data e hora: 31 de xaneiro de 2023. 16:30h. Tema: Para que (ou quen) traballamos? Habitar os proxectos fronte ao xestionar. Identidade, memoria e territorio. Que se precisa para facer museos/cultura sostible no século XXI? Como podemos participar e liderar as transformacións necesarias para que tanto os humanos como o noso planeta sobreviva e prospere? O museo como activador social e comunitario. Modelos de operacións de gobernanza de museos. Museos e Terceiro Sector Programas Públicos. Pegada ambiental dos museos. Participan: Blanca de la Torre, Yolanda Castaño, Vacíocero, Anxela Caramés, Alberto García, Isabel Fernández, Ruth Sousa, Fátima Teixeiro, Sergio Lago, Uxío Novo, Branca Novoneyra e Antón Lopo. Documentación: Ana Belén Fernández e Juan Ignacio Márquez. Coordinación: Encarna Lago. +INFO http://www.museolugo.org/documentos.asp?mat=163&id=9992
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar