16:00 hasta las 20:00
XXI Xornadas pedagóxicas | Museo Pazo de Tor

XXI Xornadas pedagóxicas | Museo Pazo de Tor

XXI Xornadas pedagóxicas
A educación na RMPL centrada nos vínculos. Territorio, patrimonio e comunidade: educar no rural.

A Rede Museística defende o museo social, sostible, igualitario e inclusivo. Promove os museos sempre en construción como espazos socioafectivos, lugares de vida e de convivencia para todas as persoas. Así pois, considéranse os museos como axentes de transformación social a través da educación e para conseguilo hai que dialogar coa comunidade, poñer as persoas no centro e darlles voz.

Esta necesidade queda recollida na LOMLOE no artigo 82 “Igualdade de oportunidades no ámbito rural” onde se indica: “As administracións educativas prestarán especial atención aos centros educativos no ámbito rural, considerando as peculiaridades do seu entorno educativo e a necesidade de favorecer a permanencia no sistema educativo do alumnado das zonas rurais máis alá da ensinanza básica. A tal efecto, as administracións educativas terán en conta o carácter específico da escola rural proporcionándolle os medios e sistemas organizativos necesarios para atender a súas necesidades particulares e garantir a igualdade de oportunidades”.

Por todo o anterior, consideramos imprescindible reforzar os vínculos dos museos da Rede Museística coa comunidade educativa e ofrecer un plan de formación que axude a cumprir o obxectivo de que o profesorado conte cunha formación específica para a educación nos territorios rurais.

Programa

1ª xornada: 3 de maio de 2023

Lugar: Museo Provincial de Lugo

16:00-16:15h.-Presentación das xornadas e entrega de material.

16:15-17:30h.-A escola imaxinada. Unha pedagoxía creativa do lugar, por Salvador Cidrás e Vicente Blanco, artistas plásticos, profesores da área de Expresión Plástica da Universidade de Santiago de Compostela na Facultade de Formación de Profesorado de Lugo e promotores do grupo de innovación educativa Escola Imaxinada.

17:30-18:15h.-Escola rural: soño ou realidade, por Alejandro González Méndez, mestre de Ensino Primario e responsable do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela e Noelia Pillado Fraga, mestra de Ensino Primario e responsable do CEIP de Samos.

18:15-18:450h.-Descanso

18:45-20:00h.-Introdución á programación escolar do MPL a través de casos prácticos, a cargo dos auxiliares de sala dos departamentos de Didáctica e Atención ao Visitante da RMPL.

2ª xornada: 5 de maio de 2023

Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla

16:00-16:45h.-Saída de Lugo e viaxe ao Museo Fortaleza San Paio de Narla

16:45-18:00h.-A educación patrimonial centrada nos vínculos, por Olaia Fontal Merillas, doutora en Ciencias da Educación pola Universidade Oviedo, directora do Observatorio de Educación Patrimonial en España.

18:00-19:00h.-A programación escolar do Museo Fortaleza San Paio de Narla, a cargos dos auxiliares de sala da RMPL.

19:00-20:00h.-Debate e clausura

20:15h.-Regreso a Lugo.

3ª xornada: 24 de maio de 2023.

Lugar: Museo Pazo de Tor

16:00-16:45h.-Saída de Lugo e viaxe ao Museo Pazo de Tor

16:45-17:30h.-……………, por Ana Estévez Lavandeira, responsable de Educación e Acción Cultural do Museo Pobo Galego.

17:30-17:45h.-Descanso

17:45-19:00h.-A programación escolar do Museo Pazo de Tor, a cargo dos auxiliares de sala da RMPL.

19:00-19:45h.-Debate e clausura

20:00h.-Regreso a Lugo.

4ª xornada: 25 de maio de 2023

Lugar: Museo Pazo de Tor

16:00-16:45h.-Saída de Lugo e viaxe ao Museo Pazo de Tor

16:45-17:30h.-Educar para a utopía, por Gemma Carbó, doutora en Ciencias da Educación, directora do Museu Vida Rural da Fundación Carulla (L’Espluga de Francolí, Tarragona) e presidenta de INTERARTS.

17:30-17:45h.-Descanso

17:45-19:00h.-A programación escolar do Museo Provincial do Mar, a cargo dos auxiliares de sala da RMPL.

19:00- 19:45h.-Debate e clausura

20:00h.-Viaxe de clausura

INSCRICIÓNS

Dirixido a docentes, profesionais dos museos e estudantes.

Inscricións abertas ata completar aforo.

Máis información concertacionsrmp@gmail.com
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android