Yolanda Castaño en Tor A poeta Yolanda Castaño será a protagonista das residencias poéticas ‘Escrita no remoto’ que promove a Rede Museística da Deputación de Lugo en colaboración coa Fundación Uxío Novoneyra. A estadía da poeta no Pazo de Tor estenderase desde o 18 ata o 31 de xaneiro deste 2023 e contará co acompañamento do poeta monfortino, Antón Lopo. A actividade que desenvolverá Yolanda Castaño realizaraa na biblioteca do Pazo de Tor, e tamén visitará diversos centros escolares das comarcas do Courel e Monforte co obxectivo de promover a memoria do feito literario nos lugares nos que viviu e evoca coa súa obra Uxío Novoneyra. ENCONTROS NO RURAL Diálogo de saberes: Para que traballamos? Habitar fronte a xestionar A residencia rematará o día 31 de xaneiro cun encontro que se enmarca no ‘Foro expandido de museoloxía social’ que promove a Rede e que terá lugar a partir das 16:00h. Participarán representantes da Fundación Novoneyra, antigas residentes, responsables de distintos proxectos que se desenvolveron nos museo da Rede e responsables da Rede Museística: Uxío Novo, Antón Lopo, Branca Novoneyra, Yolanda Castaño, Vacíocero, Ánxela Caramés, Alberto García, Sergio Lago, Ruth Sousa, Blanca de la Torre, Isabel Fernández, Fátima Teixeiro e Encarna Lago. A clausura estará a cargo da vicepresidenta da Deputación de Lugo, Tareixa A. Ferreiro.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar