18:00 hasta las 00:00
EXPOSICIÓN: Historia do futuro, de Pamen Pereira

EXPOSICIÓN: Historia do futuro, de Pamen Pereira

EXPOSICIÓN: Historia do futuro, de Pamen Pereira

‘Historia do Futuro’ é un proxecto de Pamen Pereira e Che Marchesi para o Pazo de Tor que dá luz aos recordos, e ao que se agocha entre as fendas dos muros. Dar forma ás percepcións sutís que alí se perciben convivindo co edificio, os seus libros, os seus obxectos e as súas pedras, incorporando novas capas coas que mergullarnos no territorio e na súa comunidade.


Inauguración: 19 de maio, ás 18:00h.

Desde o 19 de maio a finais de setembro de 2023.

Horario de visitas
De martes a domingo, incluídos festivos para concertar: de 10:00 a 19:30h.
Visitas guiadas concertadas previamente ás 11:00, 12:30, 16:30 e 18:00h
Luns pechado
O pazo permanecerá pechado os días festivos:
1 de xaneiro (Aninovo), 22 de maio (Sta. Rita) e 24, 25 e 31 de decembro e os festivos locais de Monforte de Lemos: Martes de Pascua (11/04/2023) e San Antón (13/06/2023)  

Pazo de Tor
San Xoán de Tor
27591 Monforte de Lemos (Lugo)
Tfno.: 982 165 534 / pazodetor@museolugo.org

Traballase dunha parte coa memoria silenciada dos habitantes que, por razón de clase, identidade sexual, relixión ou orixe quedaron excluídas de calquera memoria rexistrada, e coa memoria escrita dun lugar polo que pasaron a política, as guerras, a relixión e a arte movendo un importante marco social.

Unha análise da man da intuición e da sensibilidade poética que escribe un novo relato que, utilizando diferentes manifestacións artísticas, amplía a nosa visión.

Estes dous artistas dialogan na creación destas obras desde o rigor e a complicidade na interpretación da natureza e coa súa poética, realizan intervencións cos recursos tradicionais e as novas tecnoloxías permitíndonos ver máis aló da realidade representada e proporcionando novos códigos e novos recursos conceptuais que abren as portas á unha HISTORIA DO FUTURO.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android