A Rede Museística Provincial de Lugo acolle esta fin de semana catro proxeccións do documental “Alegría”, sobre o vixésimo aniversario do desastre ecolóxico provocado polo afundimento do Prestige. Os pases serán con entrada libre e gratuíta, ata completar aforo. O audiovisual, dirixido por Luis Otero e Rocío Romero e producido por Ecoloxistas en Acción Galiza, afonda nas causas que desencadearon a maior marea negra da costa galega e lembra o traballo das persoas voluntarias que se enfrontaron ao chapapote e a mobilización da sociedade galega arredor da plataforma “Nunca máis”. Advirte tamén da necesidade de mellorar os medios operativos e a vixilancia sobre o transporte marítimo e de superar a dependencia do petróleo.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar