20:00
'Libre coma paxaros' | Teatro do Atlántico

"Libre coma paxaros" | Teatro do Atlántico

Sábado, 18 de febreiro, ás 20 horas, e previo ao día de Rosalía, "Libre coma paxaros", da compañía teatral Teatro do Atlántico.

SINOPSE  ARGUMENTAL
Unha muller toma a palabra e proclámase dona da súa liberdade. Manifesta, desafiante, non someterse ás regras da arte nin acatar mandatos dos seus iguais.

Declara o seu amor pola literatura, a poesía e a lingua do seu país; o seu respecto e admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo, e expresa a súa solidariedade e a súa dor polas miserábeis condicións de vida 
que aquelas teñen que soportar.

Denuncia o espolio do patrimonio forestal, a traxedia da emigración á que se ven obrigados centos de miles de compatriotas para poder sobrevivir, eles e as súas familias, á fame e á miseria. E clama contra o silencio que todo o envolve.

Muller. Filla de nai solteira. E de pai cura. 
Escritora. Galega de pensamento libre. 

Chámase María Rosalía Rita de Castro.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android