17:00
'A Pita Xefa', de Títeres Alakrán, proximamente na Casa-Museo Manuel María

"A Pita Xefa", de Títeres Alakrán, proximamente na Casa-Museo Manuel María

Títeres Alakrán presenta o sábado, 14 de outubro, ás 17 horas, na Casa-Museo Manuel María, (Outeiro de Rei), "A Pita Xefa". Unha adaptación da obra de Marta Lado, gañadora en 2021 da IIIª edición do Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil para a Igualdade. Unha pequena pita cun soño pode facer moitas cousas: salto de lonxitude, bailar claqué… mais, sobre todo, pode conseguir o máis importante: mudar as normas do galiñeiro! Unha adaptación de 45 minutos de Títeres Alakrán que anima a cuestionarse dun xeito divertido os esquemas sexistas dominantes. A escenografía, monicreques e interpreteación: Borja Insua Guión: Marta Lado A peza vai dirixida a público familiar, especialmente indicada para nenas e nenos entre os 4 e os 11 anos. O prezo do billete: 2 euros (é necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621).

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android