17:00
Pakolas, en concerto, 'A Ramona pequena vai á lúa'

Pakolas, en concerto, "A Ramona pequena vai á lúa"

Volta Pakolas á Casa-Museo Manuel María, este sábado, día 4 de novembro, ás 17 horas para presentarnos o seu último traballo "A Ramona pequena vai á lúa". Cantará e contaranos a historia de Ramona pequena que a través da máquina do tempo volta á súa infancia para nos convidar unha nova aventura cantareira e didáctica. Cómpre reservar billete (2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android