10:00 hasta las 19:00
Refuxiados, desprazados, exiliados: unha reflexión

Refuxiados, desprazados, exiliados: unha reflexión

Dende o comezo da guerra civil en Siria no 2011 e mais a invasión rusa de Ucraína no 2022, as vagas de persoas refuxiadas convertéronse nun protagonista habitual dos medios de comunicación. Porén, non se trata dun fenómeno recente, senón que os desprazamentos forzados de poboación acompañaron boa parte dos conflitos armados con anterioridade.

Esta xornada, na que participarán especialistas de diversas universidades europeas e americanas, abordará o fenómeno do exilio, do refuxio e das “persoas desprazadas” á forza no século XX, analizando as continuidades e descontinuidades entre as diversas vagas até chegar á época actual. Recolleranse as conclusións de varios proxectos de investigación, como So-Close (https://so-close.eu/), desenvolvido por varias universidades e centros de documentación europeos.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android